No que vai de ano chegaron 105.500 peregrinos, un 8%
máis que no mesmo período de 2015
Os participantes saían hoxe de Pontevedra rumbo a Compostela, onde
prevén culminar máis de 14.000 quilómetros o vindeiro xoves
Os peregrinos son membros da Federación Española de Asociacións de
Amigos do Camiño, da Armada, do Exército de Terra, do Instituto Hidrográfico da
Mariña e do Instituto Xeográfico Nacional
A
directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o xerente do Xacobeo, Rafael
Sánchez, recibiron en Pontevedra a un grupo de máis de setenta peregrinos que
iniciaban hoxe o tramo final da Primeira Peregrinación polo Camiño de Santiago
Antártico, que partiu da Antártida o 28 de febreiro desde a base
española Gabriel de Castilla, situada na Illa Decepción do arquipélago das
illas Shetland do Sur, a máis de 14.000 quilómetros de Compostela.
Os peregrinos participantes, que eles mesmos
se denominan “pingüirinos”, partían hoxe da cidade do Lérez para dirixirse ata
Compostela a través da ruta que atravesa o Salnés e continúa en barco pola ría
de Arousa ata Padrón para seguir despois a pé. A súa chegada á cidade do
Apóstolo está prevista para o vindeiro xoves, 7 de xullo.
O proxecto está promovido pola Federación
Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago e tamén participan
membros da Armada, do Exército de Terra, do Instituto Hidrográfico da Mariña e
do Instituto Xeográfico Nacional. Estes dous últimos organismos documentarán a
experiencia. Concretamente, participan militares da dotación do buque de
investigación oceanográfica Hespérides e da XXIX Campaña Antártica do exército
de terra.
Datos de peregrinos
No que vai
de ano xa chegaron a Santiago máis de 105.500 peregrinos, o que supón un
incremento superior ao 8% ao contabilizar un incremento de máis de 8.000
peregrinos con respecto ao mesmo período de 2015.
Así mesmo,
en canto a nacionalidades, máis dun 62% dos peregrinos recibidos neste período
de 2016 son de orixe internacional, o que supón 66.278 peregrinos estranxeiros
fronte aos 39.245 de carácter nacional.
No hay comentarios:
Publicar un comentario